Aiguille du Midi
(fr) Aiguille du Midi | ||||
Tipo | montaña Pico piramidal (pt) free flight site (en) miradoiro Zwölfer | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Mediodía | |||
Parte de | Agulhas de Chamonix (pt) | |||
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Chamonix, Francia | |||
| ||||
Cordilleira | Macizo do Mont Blanc | |||
Composto por | ||||
Características | ||||
Altitude | 3.842 m | |||
Prominencia topográfica | 310 m | |||
Illamento topográfico | 1,72 km | |||
L'Aiguille du Midi (A agulla do mediodía, en francés) é unha montaña de 3 842 metros situada no macizo do Mont Blanc, nos Alpes franceses. Trátase da máis alta das Agullas de Chamonix.
A agulla é o punto de chegada do teleférico de l'Aiguille du Midi. A súa estación superior está situada a 3 777 metros de altitude, aínda que para alcanzar a punta a 3 842, existe un ascensor.
L'Aiguille du Midi é un dos puntos de partida do Val Branco (Vallée Blanche), e do Telecabina Panorámico do Mont Blanc, que atravesa o glaciar du Géant ata a Punta Helbronner. Atópase na fronteira con Italia, ten unha altitude de 3 462 metros, e desde ela pódese divisar o val de Aosta e a rexión italiana do Piemonte.
O 4 de agosto de 1818 foi alcanzado cume norte de l'Aiguille du Midi por A. Malczewski, J.M. Balmat e outros cinco guías. Posteriormente, o 5 de agosto de 1856, J. A. Devouassoux e A. e J. Simond chegaron ao cume sur.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aiguille du Midi |